O Porta da Auga de Ribadeo acolleu unha xornada formativa sobre fibra óptica

TerraChaXa | AMariñaXa
O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acolleu unha xornada formativa sobre fibra óptica que contou con 15 asistentes.
polin_baja
polin_baja
12 abr 2019

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acolleu unha xornada formativa sobre fibra óptica que contou con 15 asistentes.

O xefe do departamento de Electricidade do CIFP Porta da Auga, Benito Fernández Rey, explica que se realizou “unha xornada de formación sobre a fibra óptica en colaboración coa empresa DIGAMEL, a través da súa delegación de Lugo. A actividade foi dirixida a alumnos dos ciclos de Electricidade de grado superior e grado medio así como aos do curso de instalacións de megafonía e circuíto pechado de televisión que se imparten no actual curso”.

Ademais o departamento de Electricidade do Porta da Auga organizará nas próximas semanas outras dúas actividades de formación: unha sobre realización de medidas para a certificación de instalacións eléctricas e outra sobre circuítos pechados de televisión e porteiros automáticos. Estas actividades serán abertas aos profesionais do entorno que queiran asistir.