O PP califica de sociais os orzamentos estatais referidos á provincia de Lugo
O voceiro do PP no senado, José Manuel Barreiro; acompañado dos senadores Gerardo Criado, Dámaso López, Fernando Carlos Rodríguez; así como do deputado nacional Joaquín García Díez; destacou que os Orzamentos do Estado, “debido ao seu carácter marcadamente social, avanzan no proceso de creación de emprego e de recuperación económicas, e sitúan a Lugo como unha das provincias máis beneficiadas”.
E é que, segundo explicou ao detalle o voceiro do PP na Cámara Alta, máis do 46% da poboación lucense se verá beneficiada “de forma directa” de actuacións contempladas polas medidas nas que se sustenta o documento presentado polo Executivo de Rajoy. “É dicir, aproximadamente 155.000 persoas das 333.000 que residen na provincia terán unha repercusión directa nestas contas. E con into refírome aos pensionistas, asalariados, funcionarios, etc”, indicou Barreiro.
Tal é asi que intentar botar por terra o argumento de que non son unhas contas sociais é, segundo apuntou o popular, “moi complicado”, pois os 122.000 pensionistas lucenses verán incrementada a súa pensión. A este respecto, puntualizou que 9 de cada 10 pensionistas de Lugo teñen unha mellora retributiva grazas ao Goberno de Mariano Rajoy. Na mesma situación se atopan os 30.000 funcionarios da provincia, os 29.000 viúdos ou viúdas lucenses e os máis de 1.350 efectivos das forzas de seguiridade que tamén experimentarán unha equiparación salarial significativa.
Apelación á responsabilidade do PSOE
Diante esta situación e cos datos reais na man, José Manuel Barreiro precisou que resulta contradictoria a postura dos grupos da oposición, pois o 46% do Orzamento global vai destinado a gasto social, acaparando as pensións o 40% dese gasto social indicado. A isto hai que engadir que as partidas para áreas tan relevantes como a Educación ou a Dependencia, experimentan un crecemento do 3%. No caso do funcionariado a taxa de reposición aumenta un 75%; o que demostra, reiterou que, “son un Orzamentos de carácter social, e non só por ser sociais, senón polas medidas que contemplan”.
Por todo elo, fixo un chamamento á responsabilidade de grupos políticos como o Partido Socialista, que leva anclado “en el NO es NO”, instándoo a que abandone “a postura personalista e partidista, pois con isto están prexudicando a unha gran maioría desta provincia”. Neste senso, recomendoulle ao dirixentes lucenses do PSOE a ler os Orzamentos, pois, do contrario, “van ter moi difícil explicarlles aos pensionistas ou aos funcionarios por que non queren que se lle suban as súas pensións e salarios”.
A este respecto, o deputado Joaquín García Díez, apuntou que “tienen una oportunidad extraordinaria para, si en algo no están de acuerdo, que presenten enmiendas. Desde luego desde el Grupo Popular estaremos encantados de atenderlas, pero eso sí, que lo hagan con concreción, de a qué obras o actuaciones se lo quitan. Lo que no es normal es que con una mano sigan pidiendo y con la otra pulsen el botón del NO. Esto sería difícil de entender”, advertiu.
Os investimentos ao detalle
Logo desta valoración, o deputado popular no Congreso, desglosou as principais partidas económicas contempladas no documento de Orzamentos para Lugo. Concretamente, a provincia ten asignado no documento de Presupostos, dentro da carteira de Fomento, unha cantidade de 57,87 M€. En canto ao investimento en estradas, mantense o esforzo inversor do proxecto de 2017 por valor de 43,26 millóns de euros. Deste xeito, a provincia está un 9,5% (3,76 millóns de euros) por riba da media por provincia en canto ao investimento nesta materia. No que refire ao gasto ferroviario, este ascende a 14,15 millóns.
No proxecto dos PXE-2018 dótanse as partidas necesarias para a licitación de novas actuacións en Lugo:
-
- Na autovía A-54 de Santiago a Lugo, destínanse na provincia 2,5M€, que permitirán licitar as obras do intercomunicador entre a A-54 e a N-540 en Guntín unha vez se aprobe o correspondente proxecto.
-
- Na autovía da Mariña A-74 inclúense partidas, por suma total de 3,1 M€ en 2018, para redactar e aprobar os proxectos e, posteriormente, licitar as obras dos treitos Barreiros-Foz-Burela.
-
- Disponse dunha partida de 0,5 M€ en 2018 para licitar as obras de conexión do viario urbano coa nova ponte sobre el río Miño, priorizando a glorieta entre a N-VI e a rúa Alfonso X El Sabio.
- Asemade, consígnanse as partidas presupostaria necesarias para proseguir coa execución das obras que están marcha, e iniciar outras actuaciones que xa foron licitadas:
- Contémplase un importante esforzo inversor durante 2017 para as obras da autovía A-54, 4,84 M€ en Lugo, que permitirán impulsar as obras do treito Melide – Palas de Rei, iniciadas en 2018.
- Na autovía A-56 destínase unha partida de 10,8 M€ para continuar as obras do treito San Martiño-Barrela Norte, obras paralizadas en 2010 e que se retomaron en xullo de 2015.
- Prevense partidas necesarias para a redacción de estudos e proyectos de futuras actuacións na Rede de Estradas do Estado en Lugo, que permitirán:
- Na autovía A Mariña A-74, licitar e iniciar a redacción do proxecto do treito entre San Cibrao e Burela.
- Iniciar a redacción do proxecto da variante de Monforte de Lemos, da autovía A-72 Monforte de Lemos – Chantada, licitado en 2017.
- Para o mantemento e mellora da seguridade vial da ede de Estradas do Estado en Lugo, contémplanse partidas por importe de 20,57 M€ (20,1 M€ DGC+ 0,47 M€ SEITT).
- As inversión a través da DGC permitirán impulsar, entre outras, as siguientes actuacións:
- N-547. Melloras dos cruces do Camiño de Santiago
- Destínase unha partida de 5,4 M€ para impulsar a fase de prototipos de novas medidas antiniebla, licitada en marzo de 2018, para resolver a problemática existente na A-8 entre Mondoñedo e A Xesta.
- Rehabilitación superficial do firme en la A-6 en Lugo.
- Rehabilitación superficial del firme en varios treitos da N-540 y da N-642, en Lugo.
- Redactar o proxecto de melloras da seguridade vial na N-VI en Outeiro de Rei.
- As inversión a través da DGC permitirán impulsar, entre outras, as siguientes actuacións:
Investimento en ferrocarrís
O investimento en Ferrocarrís na provincia de Lugo asciende a 8,9M€. Destacan:
-
- Na liña Ourense-Monforte-Lugo consígnanse 3,7 M€
- inclúese a dotación de 2,7 M€ para iniciar a renovación e variantes na liña Monforte-Lugo, que se acometerá de forma progresiva; dotación de 1 M€ para electrificación a 25.000 V naliña Monforte-Lugo
- ademais continúase traballando para a próxima posta en servizo da Variante da Pobra de San Xillao
- inclúese dotación para o Estudo da LAV Ourense-Lugo; ademais de 0,6 M€ para actuacións en pasos a nivel (por exemplo: supresión en Guitiriz e mejora de protección en Begonte).
- Partida de 0,4 M€ para a implantación do ASFA dixital e supresión de bloqueos telefónicos.
- 1,3 M€ para a liña de ancho métrico Ferrol-Gijón.
- O presuposto de RENFE contempla unha inversión total de 1,1 M€ na provincia, para a realización de actuacións de mellora de seguridade na circulación, sobre material rodante, grandes reparacións, compra de material, accesibilidade en trens, estacións e sistemas de información e venda.
- Xa se enviou o Convenio para o desenvolvemento da Estación Intermodal de Lugo, que está en fase de revisión polas tres Administracións, para formalizar o acordo, en base ao cal Adif licitará proximamente o proxecto básico na actual estación para a ubicación da nova estación ferroviaria, estación de autobuses, viaias, aparcadoiros….
Programa de rehabilitación arquitectónica
Prevese un investimento do Ministerio de Fomento durante el ejercicio 2018 de 462.580 € nas seguintes actuacións:
- Intervención de interés cultural no Camino Francés a Santiago de Compostela, ao seu paso polos seguintes municipios: Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Samos y Triacastela, cuxo custe total ascende a 4.940.370 €, dos que 309.870 € corresponden ao exercicio 2018.
- Acondicionamiento de parcela para aparcadoiro na Travesía Casas Novas, Mondoñedo. Custe total: 131.350 €, dos que 115.900 € corresponden ao exercicio 2018.
- Rehabilitación de espazos urbanos da rúa Lence Santar, no casco histórico de Mondoñedo. Custe total: 159.430 € , dos que 21.810 € corresponden ao exercicio de 2018.
- Rehabilitación do pazo do Xeneral Paredes en Portomarín, cuxo custe total ascende a 150.000€, dos que 15.000€ corresponden ao exercicio 2018.