O PP de Meira destaca os investimentos da Xunta no PAC e no polígono recollido nos orzamentos

TerraChaXa
Veiga di que para estimular o asentamento de empresas é necesario solo industrial en boas condicións, e coa ampliación do polígono é posible.
reunion pp meira candia
25 Oct 2021

"Os orzamentos autonómicos para o 2022 demostran o compromiso da Xunta de Galicia con Meira, en tanto que consignan partidas para dúas intervencións moi demandadas polos veciños, que son a mellora e ampliación do centro médico (PAC) e unha nova fase do polígono industrial". Así o sinala o portavoz municipal do PP, Carlos Veiga Pérez.

O citado representante popular explica: “No PP criamos que era moi necesario ampliar e mellorar as instalacións do PAC, para un mellor servizo aos veciños. Hai que lembrar que este PAC atende a residentes en seis municipios desta zona”. Para este fin, indican que a Xunta dedica 300.000 euros nos seus orzamentos para o próximo exercicio económico.

Por outro lado, avanzan que a Xunta consigna 515.000 euros para a ampliación do polígono industrial de Meira. A este respecto, Carlos Veiga explica: “A capacidade do parque empresarial de Meira está esgotada dende hai anos. Era, polo tanto, moi necesaria unha ampliación, que agora vai ser posible. Por iso é unha gran noticia para Meira, porque se queremos que se asenten empresas no municipio hai que ofrecer solo industrial en boas condicións”.

0.1695511341095