O PP de Pol mostra a súa preocupación ante "a situación económica que atravesa o Concello"

Pol
LugoXa | TerraChaXa
A portavoz, Nicole Grueira, aclara que “os informes técnicos deixan moi clara a situación ao falar dunha débeda desmesurada que supera os 3 millóns de euros"
nicole-gueira-presidenta-xestora-pp-pol-portada
6 Ago 2024

Os concelleiros do PP de Pol amosan a súa máxima preocupación trala celebración dun novo pleno extraordinario no que quedou de manifesto “a grave situación económica que está a atravesar o Concello de Pol, unha situación que non pode ser ignorada”.

A portavoz, Nicole Grueira, aclara que “os informes técnicos deixan moi clara a situación ao falar dunha débeda desmesurada que xa supera os 3 millóns de euros, a ausencia duns orzamentos aprobados e un déficit alarmante na liquidez municipal”.

A popular explica que “a responsabilidade desta situación recae directamente sobre a xestión do actual alcalde. É inaceptable que, baixo o seu mandato, o Concello de Pol se atope nun estado de colapso financeiro que ameaza o benestar e os servizos básicos do noso concello”.

Os populares esixen “explicacións” por parte do alcalde que durante a sesión plenaria se negou a dar ao grupo da oposición; así como a implementación inmediata de solucións”.

Á vista dos informes de Secretaría-Intervención Gueira conclúe que “a incapacidade do alcalde para xestionar os recursos municipais está a levarnos a unha situación insostible. O Concello de Pol non poderá soportar moito máis tempo nestas condicións sen que se produzan consecuencias graves para os nosos veciños”.

0.15281081199646