O PP de Pol pide acceso ao expediente da compra do autobús

Pol
LugoXa | TerraChaXa
A voceira popular ve nesta operación “un novo malgasto por parte de alcalde, que sumiu na bancarrota ao Concello de Pol"
autobus-rotulado-pol
8 Oct 2024

Os concelleiros do PP de Pol rexistrarán nos próximos días un escrito para pedir acceso ao expediente completo da compra dun autobús por parte do alcalde, Lino Rodríguez, con fondos municipais, “unha operación a todas luces difícil de defender a tenor da complicada situación económica pola que pasa o Concello”.

A voceira popular, Nicole Grueira, pregunta directamente ao alcalde se a compra do autobús “vén derivada dos impagos a provedores, polo que ningunha empresa de transporte quere traballar xa co Concello de Pol”.

Ademais, agarda que nese expediente se atopen as contas “das que presumiu o alcalde”. “Puidemos ler nos medios de comunicación como o alcalde aseguraba que fixera os números e dicía que ‘lle daban’, polo que queremos ver esas contas para ver a riqueza que xerará no Concello”, sinalou.

A realidade é que estamos ante un novo “malgasto” por parte do alcalde que “pode presumir de sumir a Pol na bancarrota, tendo que ser rescatado pola Deputación de Lugo ao non ter cartos para pagar as nóminas dos traballadores, nin dos provedores nin para pagar o combustible e os seguros dos vehículos”.

0.1617910861969