O PP de Pol pide explicacións pola compra de inmobles anta a situación económica do Concello

Pol
TerraChaXa
A portavoz do PP sinala que “os propios informes técnicos de secretaría-intervención eran desfavorables” a estas novas adquisicións
Casa-de-Lavada
13 Ago 2024

O Partido Popular cre que “o alcalde de Pol ten que dar explicacións aos veciños sobre o que pensa facer cos novos inmobles comprados con diñeiro público”, especialmente tendo en conta “a crítica situación económica do Concello e que xa dispón dunha casa adquirida fai uns anos e que a día de hoxe se atopa en ruínas”.

O Concello xa era propietario dunha vivenda unifamiliar situada en Mosteiro “á que non se lle fixo nada e está en estado de abandono” e, polo tanto, “non está a prestar ningún servizo que poida beneficiar aos veciños e, ademais, está perdendo valor. E agora o alcalde decidiu adquirir outra vivenda e tamén un local comercial a pesar dos informes desfavorables por parte de Secretaría-Intervención á vista da situación económica do Concello cunha débeda que supera os 3 millóns de euros e un déficit alarmante na liquidez municipal”.

A voceira, Nicole Grueira, cre que “á vista da grave situación económica do Concello de Pol da que advirten os propios informes técnicos, a xestión do diñeiro público que está a facer o rexedor socialista parece, cando menos, cuestionable”. Por iso dende o PP piden que “dea explicacións aos veciños”; xa que o diñeiro do Concello é de todos” e “polo que sabemos o que ten o Concello é unha gran débeda que non para de medrar mentres o alcalde non toma ningún tipo de medida para atallar o colapso financeiro. Mais ben, todo o contrario”.

0.15087914466858