O PP de Pol pide que o Goberno local solicite as axudas para rehabilitación de vivendas
O Partido Popular de Pol pide ao goberno local que soliciten as axudas para a rehabilitación de vivenda de titularidade municipal que a Xunta de Galicia convocará a próxima semana.
“É unha oportunidade única para arranxar esas vivendas e destinalas a aluguer social, ampliando así a oferta de vivenda. Un factor clave para revestir ese problema demográfico que estamos a sufrir. Esperamos que o goberno local solicite estas axudas en beneficio de ao todos os veciños e veciñas de Pol. Desde o noso grupo pedimos un compromiso neste eido”, di a candidata á alcaldía, Nicole Grueira
Por outra banda, Grueira explica que unha das propostas do PP de Pol é ampliar a oferta de vivendas para combater o despoboamento. “Queremos levar a cabo un plan de arranxo de todos os locais abandonados do pobo e convertelos nun aluguer social, é dicir, proporcionarlles un segundo uso de moita utilidade para a veciñanza”:
Neste sentido os populares teñen un compromiso cos veciños e veciñas para facer de Pol un lugar mellor no que vivir e poder avanzar no desenvolvemento do municipio. “Non podemos perder máis oportunidades de crecemento para Pol”, indica Nicole Grueira.
AXUDAS XUNTA DE GALICIA
Esta subvención englóbase no marco das axudas que a Xunta de Galicia dirixe a concellos de Galicia con menos de 20.000 habitantes para a rehabilitación das edificacións e vivendas de titularidade municipal e as adxudiquen, en réximen de aluguer, a unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renta de efectos múltiples (IPREM).