O PP de Pol propón realizar políticas locais de poboación

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O PP de Pol propón realizar políticas locais de poboación para controlar e planificar o crecemento demográfico ante a crise despoboación
LUMINARIA POL ilumincion
LUMINARIA POL ilumincion
1 Dec 2022

O concello de Pol leva máis de dez anos nun continuo descenso da poboación, cunha clara tendencia na pérdida de habitantes.

O Partido Popular de Pol presenta unha proposta para paliar a crise demográfica que está a sufrir o concello, a través de políticas locais de poboación para controlar e planificar o crecemento demográfico. “Está claro que estamos ante unha perda de habitantes. E tamén está claro o desinterés do goberno local ante este problema”, explica Nicole Grueira.

Para Grueira, son claves dous elementos para solucionar o problema de despoboación: vivenda e traballo. A vivenda como elemento básico contra este problema. “Somos conscientes de que en moitas das parroquias as casas están abandonadas, quedando vacías, e precisamente cremos que se lle pode dar unha segunda oportunidade a estas vivendas. Por iso, propoñemos facilitar a novas familias recursos para a súa rehabilitación”, di a popular.

Por outra banda, os populares cren que o traballo é moi importante para conservar “aos que xa están” e atraer a máis familias. A través do chan industrial se dará paso á entrada do sector industrial en Pol e o desenvolvemento da actividade sen ter que abandonar o municipio, atraendo inversión e ampliando a oferta de emprego.

POLÍTICAS EFICIENTES

Estas políticas únense ás propostas recentes que fixeron os populares ao goberno local como as axudas en material escolar, para incrementar a escolarización no concello, as xornadas de iniciación laboral para os máis novos e formalos de cara ao futuro, e a dinamización do concello a través da potenciación de todos os seus recursos.

#ELIXEPOL

Baixo este lema, os populares mandan unha mensaxe clara a todos os veciños e veciñas do concello que están fartos dos despropósitos dun goberno local, que cada vez mira menos polos intereses dos cidadáns, e que para que sepan que en Pol hai unha alternativa real a un goberno cada vez máis pasota.

0.18082094192505