O PP esixe a mellora integral da N-634, entre A Xesta e Mondoñedo

TerraChaXa | AMariñaXa
O PP lucense reivindica, de novo, a mellora integral da estrada nacional N-634 e, con especial urxencia, o tramo que une o Alto da Xesta e Mondoñedo
Iniciativas-PP-Senado-N-634
3 Xul 2024

O PP lucense reivindica, de novo, a mellora integral da estrada nacional N-634 e, con especial urxencia, o tramo que une o Alto da Xesta e Mondoñedo onde cren necesario tamén prolongar o terceiro carril en sentido ascendente, por tratarse dunha vía que ao seu tráfico habitual suma os usuarios da autovía A-8 cando esta pecha á circulación pola néboa.

Nesta ocasión, os senadores populares levarán á Cámara Alta unha batería de iniciativas para urxir ao Goberno de Sánchez a que interveña para mellorar a seguridade nesta estrada e ofreza explicacións sobre as actuacións previstas. A presidenta provincial, Elena Candia, participou xunto a José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano nunha visita á zona acompañados por alcaldes e voceiros populares.

Os populares explican que “esta vía de titularidade estatal atópase desde fai anos nun estado moi deficiente, cun pavimento deteriorado e cunha sinalización e alumeado que precisan ser mellorados”. E puntualizan, ademais, que “coa chegada do verán o tránsito por esta estrada nacional se ve incrementado por aqueles que se dirixen á costa, sumándose a veciños, transportistas e traballadores que xa fan uso habitual desta vía durante todo o ano”.

Os populares subliñan que non están pedir nada xa estivera previsto facerse en atención ás circunstancias particulares que concorren nesta estrada. De feito, xa en 2017 “un Goberno do Partido Popular proxectou esta intervención”. Entre as medidas a executar estaba a substitución integral da capa de rodadura, a mellora da sinalización, balizamento, defensas e interseccións, ademais do peche perimetral para evitar a entrada de animais á calzada.

Ausencia de pasos

“Pero o Goberno socialista meteu o proxecto nun caixón e non deu ningún paso por levar a cabo esta actuación, ignorando as demandas trasladadas desde distintas institucións”. Candia lembrou tamén que xa “se aprobou no Parlamento de Galicia en xuño do 2021, fai 3 anos, unha iniciativa a instancias do Grupo Popular para urxir ao Ministerio a actuar”, demanda ata o momento non escoitada.

“A ausencia de pasos nesta estrada súmase ao abandono da rede viaria nacional e o illamento ao que Sánchez somete á nosa provincia”, inciden. Por iso os populares levarán ao Senado unha das demandas dos lucenses en materia de infraestruturas viarias. O PP preguntará no Senado se o Goberno é consciente do mal estado que presenta a estrada nesta zona e se sabe que é utilizada como itinerario alternativo aos cortes da A-8 por néboa, moi frecuentes no verán. Tamén piden que expliquen se está proxectada algunha intervención nesta vía, en que prazos e con que investimento.

values22 18: Array
(
    [user_id] => 0
    [session_id] => 
    [ip] => 3.239.97.34
    [status] => 200
    [site_id] => 3
    [lang] => en
    [lang_code] => en_US
    [browser] => desconocido
    [device] => desktop
    [bot] => 
    [operating_system] => desconocido
    [url_anterior] => 
    [url] => https://terrachaxa.com/news/o-pp-esixe-a-mellora-integral-da-n-634-entre-a-xesta-e-mondonedo/76244/
    [cp_id_anterior] => 
    [cp_id] => 76244
    [date_gmt] => 2024-11-05 14:04:03
    [load_time] => 0.1811728477478
    [views] => 1
)
0.19281983375549