O PP esixirá ao Goberno de Sánchez a mellora da estrada nacional N-640

TerraChaXa
Con esta iniciativa "trasladamos ás distintas cámaras a preocupación dos veciños da zona e os usuarios da vía ante a situación de perigosidade”
PP-e-veciños-á-beira-da-N-640-Meira-A-Pastoriza
26 Out 2024

O PP esixirá ao Goberno de Sánchez a mellora da estrada nacional N-640 entre os termos municipais da Pastoriza, no lugar de Paraxes, onde se atopa o tramo en peor estado, e Meira para “garantir a seguridade e reducir o risco de accidentes”.

Con esta iniciativa trasladan ás distintas cámaras “a preocupación dos veciños da zona e os usuarios da vía ante a situación de perigosidade”, especialmente no punto quilométrico 60 e as súas proximidades; segundo explica a deputada autonómica do Grupo Popular Nicole Grueira, acompañada polos deputados nacionais Jaime De Olano e Francisco Conde, que tamén levarán a reivindicación ao Congreso, o alcalde e o tenente de alcalde da Pastoriza, concelleiros do PP de Meira e veciños da zona.

Grueira vén de rexistrar unha Proposición Non de Lei para o seu debate na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos coa que reclamar ao Goberno de España, como titular da vía, iniciar as obras de mellora “con carácter urxente”. Os populares tamén levarán este asunto ao Congreso dos Deputados e ao Senado.

Actualmente, este tramo da principal arteria de comunicación coa capital da provincia, coa Mariña oriental e Asturias atópase nun estado “moi deficiente”, con pavimento deteriorado e sen alumeado, o que “imposibilita unha circulación segura e normal”. De feito, “ao longo do tempo, producíronse numerosos sinistros, moitos deles con finais tráxicos”.

Os populares instan tamén ao Goberno de España a “manter a rede viaria estatal na nosa provincia en boas condicións, asegurando que se dispoña dun pavimento axeitado, sinalización visible e alumeado suficiente para favorecer unha circulación segura e fluída”.

values22 18: Array
(
    [user_id] => 0
    [session_id] => 
    [ip] => 3.239.97.34
    [status] => 200
    [site_id] => 3
    [lang] => en
    [lang_code] => en_US
    [browser] => desconocido
    [device] => desktop
    [bot] => 
    [operating_system] => desconocido
    [url_anterior] => 
    [url] => https://terrachaxa.com/news/o-pp-esixira-ao-goberno-de-sanchez-a-mellora-da-estrada-nacional-n-640/83691/
    [cp_id_anterior] => 
    [cp_id] => 83691
    [date_gmt] => 2024-11-05 14:47:43
    [load_time] => 0.16959285736084
    [views] => 1
)
0.18086194992065