O PP de Pol nomea a Nicole Gueira presidenta da xestora local

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O PP refórzase en Pol, nomeando a Nicole Grueira presidenta da xestora da agrupación local e forma parte tamén da dirección de Novas Xeracións
nicole gueira presidenta xestora pp pol portada
nicole gueira presidenta xestora pp pol portada
8 may 2022

O Partido Popular refórzase en Pol nomeando a Nicole Grueira presidenta da xestora da agrupación local. Deste xeito, a dirección provincial continúa “buscando equipos que nos permitan ser a alternativa en concellos que, como este, precisan e demandan un cambio”.

Neste senso, a formación chairega, en coordinación coa provincial, dáse un prazo aproximado dun mes para configurar a nova estrutura de traballo de cara aos comicios do vindeiro ano. O acordo adoptouse este venres, no marco dunha reunión que tanto a presidenta, Elena Candia, como o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, mantiveron en dita localidade.

Candia e Balseiro agradecen a disposición e o compromiso da nova dirixente, indicando que “hai partido”. “Temos que atraer a ese electorado que, nas pasadas eleccións autonómicas nos apoiou masivamente, superando así o 50% dos votos”, afirma Elena Candia.

Unha moza comprometida

O vínculo de Nicole Grueira co PP non é recente, pois forma parte tamén da dirección de Novas Xeracións Provincial. Ten 20 anos e estuda Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela.

Asume o cargo “con moita responsabilidade”. O obxectivo principal, di, é “satisfacer todas as necesidades dos habitantes de Pol, chegar ao electorado que é fiel ao PP tanto nas xerais como nas autonómicas. Que saiban que si hai unha alternativa ao Partido Socialista. Queremos  reconducir a Pol cara un equilibrio, porque agora mesmo é un dos peores concellos da provincia. Vamos abrir o partido. Todos facemos falta; aquí non sobra ninguén”, conclúe.