O PP pedirá á Deputación unha partida orzamentaria para o polígono de Riotorto

TerraChaXa
O grupo provincial do PP defenderá na próxima sesión plenaria da Deputación unha moción para que a institución inclúa nos seus orzamentos para 2020 unha partida finalista para licitación e urbanización do parque empresarial de Vilarín no Concello de Riotorto.
19 Nov 2019

O grupo provincial do PP defenderá na próxima sesión plenaria da Deputación unha moción para que a institución inclúa nos seus orzamentos para 2020 unha partida finalista para licitación e urbanización do parque empresarial de Vilarín no Concello de Riotorto. Nestes momentos hai empresas locais dispostas a adquirir parcelas neste parque empresarial, como se puxo de manifesto na reunión que para abordar este asunto mantiveron recentemente a voceira do grupo popular, Elena Candia, e o deputado José Antonio García co alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias.

A voceira provincial do Partido Popular, Elena Candia, recorda que a promoción deste desenvolvemento de solo industrial correspondeu no seu momento á Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A. (SUPLUSA). Os compromisos adquirido pola Sociedade son vinculantes para o organismo provincial unha vez que Suplusa está en proceso de liquidación. Segundo se expón no texto da moción, «os trámites administrativos para dito polígono industrial comezaron en agosto do ano 2015 cando o Concello presentou e tramitou o necesario Plan Especial». A día de hoxe, o Concello de Riotorto dispón dos informes sectoriais e legais precisos para a creación do parque empresarial.

O proceso de tramitación administrativa finalizou o 12 de novembro de 2019, coa aprobación definitiva, pola Xunta de Goberno do Concello, do proxecto de urbanización do parque empresarial Vilarín de Riotorto, que ten un orzamento de 402.250,48 euros. A posta en servizo do polígono axudará a dinamización económica de Riotorto.

0.090704917907715