O PP pedirá en Pleno a renuncia da concelleira de feiras e mercados

TerraChaXa | LugoXa
O PP de Vilalba levará este xoves a Pleno varias mocións e preguntas para que sexan respondidas e valoradas polo equipo de Goberno.
3 Feb 2021

O PP de Vilalba levará este xoves a Pleno varias mocións e preguntas para que sexan respondidas e valoradas polo equipo de Goberno. A principal destas mocións é a petición de renuncia da concelleira de feiras e mercados, Antía Rama, á que acusan de "desleixo e deixamento das funcións" no relativo á organización da Feira do Capón deste ano, que finalmente no se levaría a cabo por mor do coronavirus.

O PP fixo valer algunhas das irregularidades que se produciron como a falta dun censo de aves, de publicidade, de control veterinario, ademais da propia celebración física que consideraban factible con algunha restricción. Por último tamén explicarán a queixa das caixas usadas para o transporte do produto.

Tamén incoará ao Concello para que se proceda á elaboración dun plan de axuda urxente para o sector da hostalería e o comercio locais, singularmente en relación con aqueles negocios obrigados a pechar ou manter unha actividade moi restrinxida como consecuencia das medidas adoptadas para loitar contra a covid-19, así como a constitución inmediata dunha mesa de traballo, con presenza de tódolos grupos municipais e de representantes do susodito sector para a elaboración das bases de execución do plan.

Así mesmo, o PP preguntará no Pleno polas previsións de celebración do FIV, que se ven celebrando no mes de abril, así como sobre o Mupav, se está xa elaborado o informe xurídico referente á situación actual, ou, no seu caso, estase a traballar nel. Tamén pregunta se ten disposta o equipo de goberno algunha actuación urxente para resolver os problemas de avarías e defectos "que lastran o funcionamento".

Os populares pedirán información sobre a posible apertura do parque infantil da alameda Basanta Olano e as previsións para a reparación de avarías. Así mesmo preguntan se cambiou o Goberno municipal a empresa encargada da xestión das entradas do Auditorio Municipal, encomendada ata agora á empresa Ataquilla e piden explicacións sobre a nova.

No apartado de rogos inclúen un no que indican que con cargo aos recursos do Fondo de Compensación Ambiental se executen as obras necesarias para o remate do seneamento dos barrios de Guadalupe e O Sixto, na parroquia de Sancovade.

0.15266704559326