O PP pide axilidade para o pago das axudas aos concellos afectados polo lume

TerraChaXa
O Grupo Provincial Popular pídelle á Deputación de Lugo “axilidade” para facer efectivas as axudas comprometidas aos concellos afectados polos lumes do pasado mes de outubro.
15 Aug 2018

O Grupo Provincial Popular pídelle á Deputación de Lugo “axilidade” para facer efectivas as axudas comprometidas aos concellos afectados polos lumes do pasado mes de outubro. De feito, os populares anuncian que levarán a Pleno unha iniciativa coa que reclamarán o pago destas axudas comprometidas polo Goberno provincial.

Os populares destacaron que a Xunta de Galicia dese cumprimento ao compromiso cos concellos afectados a través da sinatura dos convenios de colaboración para sufragar o 50% dos custos das súas actuacións na extinción dos lumes e dos danos que estes puideron causar en infraestruturas e servizos municipais.

Concretamente, o delegado da Xunta en Lugo asinaba este luns o convenio cos Concellos de Castro de Rei, Cervantes, Negueira de Muñiz, As Nogais e Pantón, os cinco que solicitaron estas axudas conforme ao establecido na convocatoria para a que o Goberno galego achegaba un orzamento de 13,2 millóns de euros.

Agora, dende o Grupo Provincial esíxenlle ao Goberno da Deputación de Lugo dar resposta ao compromiso adquirido, xunto ao Goberno central, coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para financiar o outro 50%.

Os deputados populares úrxenlle ao ente provincial para “dar cumprimento a estes compromisos adquiridos co obxectivo de desafogar as arcas municipais daqueles municipios afectados”; xa que “a Deputación debe estar ao servizo dos Concellos da provincia”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1586320400238