Alcaldes e alcaldesas da provincia coñecen o traballo realizado en Aspnais en favor da inserción laboral

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa
Dende o PP de Lugo quixeron poñer en valor os diferentes talleres que hai
visita_pp_aspnais
visita_pp_aspnais
8 Xul 2024

29 cargos municipais do Partido Popular da provincia de Lugo, encabezados pola Presidenta Provincial, Elena Candia e o voceiro Provincial, Antonio Ameijide, visitaron  as instalacións de Aspnais para coñecer directamente a realidade desta Asociación de Pais e Titores de persoas con discapacidade intelectual.

Vinte deles eran alcaldes ou tenentes de alcalde (unha alcaldesa e unha tenente de alcaldesa), e nove voceiros representantes do PP nas respectivas corporacións.

Participaron os alcaldes de Abadín, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guntín, O Incio, Monterroso, As Nogais, Pastoriza, Portomarín, Riotorto, O Vicedo, O Corgo, Outeiro de Rei, O Páramo, Pastoriza; alcaldesa de Rábade, tenente de alcaldesa de Paradela e tenente de alcalde de Palas de Rei. Voceiros nas respectivas corporacións acudiron o da Deputación Provincial; os dos concellos de Antas de Ulla, Becerreá, Castroverde, Lugo, Trabada, Sarria, Xermade e a voceira de Viveiro.

En Aspnais foron atendidos polo presidente, José Reigosa, co equipo técnico da entidade, que foron explicando o funcionamento dos diversos servizos, deténdose especialmente nos talleres de carpintería onde contemplaron a confección de pratos de polbo, e no de cerámica, onde se confeccionan todo tipo de obxectos artísticos en diversos materiais, especialmente útiles para celebracións familiares ou agasallos institucionais.

Os visitantes quedaron gratamente sorprendidos, tanto polas instalacións que a entidade posúe, como polo traballo que se realiza nos talleres, que garante a integración destes usuarios no mundo laboral e o conseguinte empoderamento de todos os que forman parte deste proxecto tan especial. A Presidenta do Partido Popular na provincia e todos os participantes, agradeceron a Aspnais que lles abrise as portas das súas instalacións para obter directa información da realidade deste colectivo, e mesmo pola posibilidade de que os visitantes contactasen cos usuarios procedentes dos seus concellos.

0.22176909446716