O PP provincial solicita a Tomé a creación de seis equipos de desinfección

TerraChaXa
Nos próximos meses, en canto se inicie a desescalada na crise sanitaria provocada polo virus Covid-19, será fundamental manter nas mellores condiciones hixiénicas posibles as zonas e servizos de uso público na provincia, especialmente nas de maior concorrencia de público.
28 Abr 2020

Nos próximos meses, en canto se inicie a desescalada na crise sanitaria provocada polo virus Covid-19, será fundamental manter nas mellores condiciones hixiénicas posibles as zonas e servizos de uso público na provincia, especialmente nas de maior concorrencia de público. Para que ese obxectivo sexa viable, o PP considera necesario "adoptar medidas a tempo, de maneira que as tarefas de desinfección se leven a cabo de maneira programada, sistemática e eficaz". Con este fin, o portavoz do Grupo Provincial Popular, Javier Castiñeira, propón ao goberno da Deputación, presidido polo socialista José Tomé, a creación dun servicio de desinfección que chegue a todos os concellos lucenses. Castiñeira recorda que, "inexplicablemente, o presidente da Deputación négase a convocar a reunión da xunta de portavoces solicitada polo PP para tratar das medidas a aplicar para paliar as consecuencias da pandemia. Como non quere convocar á xunta de portavoces, temos que expoñer as nosas propostas por outros medios; tamén esta vez, o PP vai por diante e aporta iniciativas fronte á falta de previsión e de planificación do goberno provincial”, declarou Castiñeira.

Castiñeira considera que o citado servizo debe estar integrado por seis equipos: dous deles dedicados á zona norte da provincia, dous aos concellos do centro e, os outros dous, centrados na zona sur.

O servizo que propón o PP podería estar constituído polo persoal e medios técnicos do Consorcio de Bombeiros, Vías e Obras e Parque Móbil.

O portavoz popular indica que o servizo de desinfección ten que operar baixo unha coordinación que faga posible que en cada concello se leven a cabo as tarefas de desinfección nos lugares, infraestruturas, servizos e equipamentos nos que sexan máis necesarias. Destaca tamén que a execución desta iniciativa non tería un custe especialmente relevante para a Deputación, mentres que o beneficio social pode chegar a ser moi alto.

0.10715222358704