O profesor de Guitiriz Juan Carlos Vivero López gaña o X premio Xermade na Historia

TerraChaXa
Manuela Castelo Santalla, veciña de Xermade, foi escollida en segundo lugar
premio-xermade-na-historia
Premio Xermade na Historia
25 Maio 2024

O Concello de Xermade informou da resolución do Premio Xermade na Historia, na súa décima convocatoria, organizado en colaboración coa Asociación de Veciños de Cabreiros e a USC.

O traballo premiado nesta edición foi A sociedade de instrución e recreo Progreso de Lousada, presentado baixo o pseudónimo O cabaleiro de Pinar del Rio.

O autor do mesmo é Juan Carlos Vivero López, veciño de Guitiriz. Nado en Lousada , diplomado como mestre na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo (USC), desenvolveu a súa profesión como docente en diversos colexios de Lugo e Coruña, pero principalmente no CEIP Lagostelle de Guitiriz. O importe do premio é de 2.000 euros.

Aproximación á cultura inmaterial de Xermade, presentado baixo o pseudónimo Morriña, foi o seleccionado para obter o segundo premio do certame.

A autora do mesmo é Manuela Castelo Santalla, veciña de Xermade. Nada en Ortigueira, cursou estudos de Maxisterio e tamén é lLicenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa. Logo de traballar en varias vilas galegas como profesora de instituto, obtivo a praza no IES Moncho Valcarce das Pontes. O importe do premio é de 1.000 euros.

O xurado estivo formado por Roberto García Pernas, alcalde do Concello de Xermade, José Manuel Felpeto Carballeira, presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros; María Luisa Barreiro Mejuto, presidenta do Instituto de Estudos Chairegos; María López Sández, profesora da área de Didáctica da Lingua e a Literatura da Universidade de Santiago de Compostela, e Josefa Rey Castiñeira, profesora da área de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Actuou como secretaria Lucía Guizán Trastoy, educadora familiar do Concello de Xermade, para recoller testemuño e acta do fallo do xurado.

0.12446904182434