O programa Acelera Pemes estará este martes en Abadín

TerraChaXa
Este martes 14 de maio, o concello de Abadín contará coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo para os autónomos ou propietarios dunha peme que precisen impulsar a dixitalización do seu negocio.
11 Maio 2024

Estarán a partir das 16.00 horas na praza do Concello.

Algúns dos servizos gratuítos do programa Acelera Peme son o servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa, o apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio, a consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…) e o apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.

0.1314070224762