O programa Acelera Pemes estará este martes na Pastoriza
TerraChaXa
Este martes 14 de maio, o concello da Pastoriza contará coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo para os autónomos ou propietarios dunha peme que precisen impulsar a dixitalización do seu negocio.
13 Maio 2024

Estarán a partir das 12.30 horas na praza do Concello.
Algúns dos servizos gratuítos do programa Acelera Peme son o servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa, o apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio, a consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…) e o apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.