O programa Acelera Pemes estará mañá en tres concellos da comarca

TerraChaXa
O vindeiro 15 de setembro os concellos Abadín, A Pastoriza e Cospeito contarán coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo para os autónomos ou propietarios dunha peme que precisen impulsar a dixitalización do seu negocio.
acelera peme programa
25 sep 2023

O vindeiro 15 de setembro os concellos Abadín, A Pastoriza e Cospeito contarán coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo para os autónomos ou propietarios dunha peme que precisen impulsar a dixitalización do seu negocio.

Estarán en primeiro lugar ás 10.30 horas en Abadín para trasladarse ás 12.30 horas á Pastoriza. En Cospeito abrirán o programa ás 16.00 horas.

Algúns dos servizos gratuitos do programa Acelera Peme son o servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa, o apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio, a consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…) e o apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.

acelera peme deputacion calendario
0.12917304039001