O programa Acelera Pemes estará o 15 en varios concellos da comarca
O vindeiro 15 de setembro os concellos de Riotorto, A Pontenova, Meira e Pol contarán coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo para os autónomos ou propietarios dunha peme que precisen impulsar a dixitalización do seu negocio.
Estarán en primeiro lugar ás 10.30 horas en Riotorto para trasladarse ás 12.00 horas á Pontenova. En Meira abrirán o programa ás 16.00 horas e ás 17.30 estarán en Pol.
Algúns dos servizos gratuitos do programa Acelera Peme son o servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa, o apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio, a consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…) e o apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.