O programa Acelera Pyme estará este martes en Muras, Vilalba e Xermade
Este martes 11 de xuño, os concellos de Muras, Xermade e Vilalba contarán coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo para os autónomos ou propietarios dunha peme que precisen impulsar a dixitalización do seu negocio.
Estarán a partir 10.30 horas na praza do Concello de Muras, para seguir, ás 12.30 horas na praza da Constitución vilalbesa e ás 16.00 na praza do Concello de Xermade.
Algúns dos servizos gratuítos do programa Acelera Peme son o servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa, o apoio na implantación de novas solucións dixitais ao negocio, a consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…) e o apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.