O programa Acelera Pyme estará este martes en Muras, Vilalba e Xermade

TerraChaXa
Visitarán a capital da chaira pola mañá e a xermadina pola tarde
acelera-pemes-deputacion
A presentación do programa
10 Xuño 2024

Este martes 11 de xuño, os concellos de Muras, Xermade e Vilalba contarán coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo para os autónomos ou propietarios dunha peme que precisen impulsar a dixitalización do seu negocio.

Estarán a partir 10.30 horas na praza do Concello de Muras, para seguir, ás 12.30 horas na praza da Constitución vilalbesa e ás 16.00 na praza do Concello de Xermade.

Algúns dos servizos gratuítos do programa Acelera Peme son o servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa, o apoio na implantación de novas solucións dixitais ao negocio, a consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…) e o apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.

0.17895603179932