O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ celebra a súa última saída este domingo

TerraChaXa
Ao igual que o resto de rutas do programa, será apta para todos os públicos, cun percorrido de 20 quilómetros cun desnivel de 300 metros
btteando-por-guitiriz-ruta-san-xoan
23 Dec 2024

O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ celebra a súa última saída este domingo, 29 de decembro, sendo a oitava saída da actual edición do programa organizado polo Concello coa colaboración do Club Btteiros Cova da Serpe.

Nesta ocasión, realizarase a Ruta de Fin de Ano, cun itinerario que comezará ás 10.00 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz e que rematará no mesmo punto.

Ao igual que o resto de rutas do programa, será apta para todos os públicos, cun percorrido de 20 quilómetros cun desnivel de 300 metros aproximadamente.

As inscricións son gratuítas e estarán abertas ata este xoves, 26 de decembro, podendo formalizarse de xeito presencial no Concello ou a través das redes sociais do Club BTTeiros Cova da Serpe.

Para asistir só é preciso apuntarse e levar bicicleta propia, casco e roupa cómoda, aínda que tamén é aconsellable levar unha peza de froita e auga. Os menores de idade deben ir acompañados por una persoa adulta.

0.12085890769958