O programa Espazo en familia das Pontes esténdese aos colexios

TerraChaXa
O programa de apoio socieducativo Espazo en Familia, posto en marcha polo Concello das Pontes no ano 2021 para ofrecer ás familias pontesas un lugar para compartir as súas inquedanzas sobre a crianza e educación dos seus fillos e fillas e poder abordalas con éxito, chega aos centros educativos da vila coa finalidade de establecer vínculos de cooperación entre as familias e os centros educativos para desenvolver accións de crianza positiva.
10 Xan 2023

Tania Pardo, concelleira de Educación apunta que "o programa Espazo en Familia parte da idea da necesaria colaboración entre as familias e os centros educativos na tarefa educativa e pedagóxica. Por este motivo, dentro da programación de actividades deste proxecto, propuxémonos achegar aos centros escolares diferentes propostas formativas, dirixidas a rapaces e rapazas, de 1 a 17 anos, que nos permitan traballar a igualdade, a alimentación saudable, as emocións, a convivencia ou o uso seguro das tecnoloxías, entre outras cuestións, para promover o seu óptimo desenvolvemento persoal."

Estas actividades, que se puxeron en marcha no mes de novembro de 2022, desenvólvense a través de diferentes sesións, que dan continuidade ao traballo desenvolvido, desde o mes de abril, coas nais e pais a través de sesións grupais e individuais e accións de formación para "a partir dunha metodoloxía lúdica, impulsar entre as fillas e fillos, unha aprendizaxe sobre as diferentes temáticas, dunha maneira dinámica e motivadora, co obxectivo de que o alumnado cree o seu propio proceso de aprendizaxe, traballe de forma grupal e autónoma, promovendo entre eles e elas valores esenciais para a vida cotiá e a interacción social" subliña Tania Pardo.

Estas sesións se desenvolverá ata o mes de marzo e nelas participarán máis de 1100 nenos e nenas da vila.

0.068044900894165