O Programa Inserta chega á Casa da Cultura de San Cibrao

TerraChaXa | AMariñaXa
A Casa da Cultura de San Cibrao acolle ata finais de ano dúas accións formativas enmarcadas no Programa Inserta: Formación e Emprego.
Concellerios pleno marzo 2020(1)
Concellerios pleno marzo 2020(1)
2 nov 2020

A Casa da Cultura de San Cibrao acolle ata finais de ano dúas accións formativas enmarcadas no Programa Inserta: Formación e Emprego; un de competencias clave e outro de competencias dixitais tics avanzado, a través da asociación Bumei Burela; seguindo todas as medidas de prevención fronte á COVID-19.

Estas actuacións son subvencionadas a través da orde do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería de Política Social (DOG n°174 do 13 de setembro de 2019) (Código de procedemento BS623D)).