O programa Xoves na Biblio achega máis propostas aos cativos das Pontes

TerraChaXa
O Concello das Pontes continúa co seu programa Xoves na Biblio durante este mes de decembro a través dunha serie de propostas pensadas para os máis pequenos e que terán lugar na biblioteca.
biblioteca as pontes
10 Dec 2023

O Concello das Pontes continúa co seu programa Xoves na Biblio durante este mes de decembro a través dunha serie de propostas pensadas para os máis pequenos e que terán lugar na biblioteca.

O vindeiro xoves 14 a partir das 18.00 horas os pequenos poderán gozar da historia Un Nadal cheo de contos da man de Tarabelos. O día 21 é a quenda de O ladrón de xoguetes con Barriga Verde. O último xoves do mes, o día 28, A Xanela do Maxín achegará o conto O apalpador e a nena sen medo.

Todas as actividades terán lugar na Casa Dopeso e están dirixidas para un público familiar e para nenos e nenas de máis de 3 anos. A entrada é de balde pero precísase inscrición previa na Biblioteca ou a través do número 981 102 562.

xoves_na_biblio_as_pontes
1.5325970649719