O PSOE de Castro pide unha homenaxe a Manuel Becerra Bermúdez

TerraChaXa
O Grupo Socialista de Castro de Rei reclaman que o Concello organice unha homenaxe á figura do político, escritor e humanista Manuel Becerra Bermúdez, coincidindo co 200 aniversario do seu nacemento, na súa parroquia natal da Ponte de Outeiro.
bailarinas
16 sep 2020

O Grupo Socialista de Castro de Rei reclaman que o Concello organice unha homenaxe á figura do político, escritor e humanista Manuel Becerra Bermúdez, coincidindo co 200 aniversario do seu nacemento, na súa parroquia natal da Ponte de Outeiro. Ademais tamén reclaman que que se coloque unha placa conmemorativa nesta parroquia, como recoñecemento e en recordo a esta destacada figura do s.XIX.

Os socialistas, que rexistraron unha moción no Concello, lembran que Becerra Manuel Becerra foi elixido fillo preclaro e predilecto de Lugo pola Deputación no ano 1888. Destacou como Fundador do Partido Demócrata., fervente defensor da democracia, e tamén exerceu como Ministro, ata en sete ocasións. Foi diplomático co Vaticano, e conseguiu que a Igrexa xurará a Constitución de 1868.

Así as cousas sinalan que non se lle pode negar a súa aportación ó pensamento político actual, nin tampouco esquecer a súa traxectoria. “Escritor e ensaísta, entras as súas obras destacan a obra Imperio Ibérico, que trata sobre a historia de España e Portugal. Ingresou na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. A súa proposta de “Monarquía Federal”, foi o antecedente do noso “Estado de Autonomías”. No eido educativo foi defensor a ultranza da inclusión da Educación Física como asignatura obrigatoria no Bacharelato”.

Tamén presidiu o histórico Centro Galego de Madrid, promotor da celebración do San Froilán en Madrid. E as súas xestións facilitaron a construción dun Campo de Tiro de San Cibrao, a Escola Preparatoria Militar e a Escola de Artes e Oficios.

0.099360942840576