O PSOE de Cospeito protesta pola eliminación das bonificacións nos campamentos de verán

TerraChaXa
Unificouse o prezo en 100 euros a quenda de 8.30 a 14.30 e 140 euros para a quenda de 8.30 a 16.30
Imaxe de nenos de Culleredo xogando no campamento de verán do ano 2022
Nenos xogando de campamento
16 Maio 2024

O Concello de Cospeito celebrou unha sesión plenaria extraordinaria na que se realizou o sorteo dos membros das mesas electorais, tomou posesión o socialista José Ramón e o Grupo do Partido Popular levou unha proposta de modificación da ordenanza do campamento de verán.

Segundo explican os socialistas, que votaron en contra, "demostra a nefasta xestión que realizou o noso Concello e como tal xestión repercute na decadencia dos servizos públicos para os veciños e hoxe especialmente pra xuventude".

Afirman que se modificou a ordenanza anulando todas as bonificacións existentes, os tramos de renda de custo menor (que axudaban a aquelas familias con poucos recursos) e unificou o prezo en 100 euros a quenda de 8.30 a 14.30 e 140 euros para a quenda de 8.30 a 16.30, pagándose o comedor a parte, 180 euros.

"Por outra banda, visto que non cumpren gran parte das cuestións e do que solicitamos no Pleno, québrase a confianza no Grupo Popular e no actual alcalde. A partir de agora mesmo, intensificaremos, máis se cabe, o noso labor como alternativa de goberno", explican.

0.17220783233643