O PSOE de Vilalba preguntará sobre o cambio na xestión do programa Madrugadores

TerraChaXa
O Grupo Municipal Socialista vén de rexistrar no Concello de Vilalba una solicitude de comparecencia da primeira tenente de alcalde e concelleira de Educación, Patricia Teijeiro, e da concelleira de Servizos Sociais, Flor Rey, respecto do anuncio por parte do goberno local no que atinxe ao servizo de madrugadores.
28 Jan 2019

O Grupo Municipal Socialista vén de rexistrar no Concello de Vilalba una solicitude de comparecencia da primeira tenente de alcalde e concelleira de Educación, Patricia Teijeiro, e da concelleira de Servizos Sociais, Flor Rey, respecto do anuncio por parte do goberno local no que atinxe ao servizo de madrugadores. Segundo aseguran, o Concello asumirá agora este servizo, una decisión tomada de xeito unilateral, de costas ás familias dos nenos e nenas e ás empresas que se encargaban deste asunto ata o de agora.

Despois de varios encontros do Grupo Socialista con nais e pais das familias afectadas, “decidimos pedir explicacións ás responsables deste cambio de criterio, solicitando a súa comparecencia no pleno do vindeiro xoves”, anuncia a edil socialista Marta Rouco, concretando que “queremos, como oposición, escoitar as súas motivacións, e que o alcalde, Agustín Baamonde, non solape e vete una vez máis a comparecencia das súas concelleiras, ás que no último pleno deixou en evidencia”. Así mesmo, Rouco sinala que “son as edís que deben asumir responsabilidades e dar conta da súa xestión, non pode ser que apenas oiramos a súa voz en sesión plenaria nestes catro anos”.

Neste senso, animan ás nais, pais, e demais axentes afectados a que acudan ao pleno a escoitar as explicacións do goberno, “esperando que non neguen a comparecencia como xa fixeron noutras ocasións”. Ademais, subliñan que deben asumir as súas competencias, “máis se cabe cando cobran un salario político”, remarcan.

0.16625022888184