O PSOE denuncia o peche do ambulatorio de Castro de Rei

TerraChaXa
Luís Álvarez, candidato ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo denunciou hoxe, "un novo atropelo do goberno do PP", co peche do centro de saúde de Castro de Rei.
PSOE  DENUCIA PECHE DO CENTRO DE SAUDE EN CASTRO DE REI
30 Xuño 2020

Luís Álvarez, candidato ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo denunciou hoxe, "un novo atropelo do goberno do PP", co peche do centro de saúde de Castro de Rei. “A crise do COVID puxo de manifesto o abandono e as graves carencias da atención primaria que existen nos centros de saúde da provincia, e hoxe evidenciámolo aquí neste centro de Castro, onde tiñan que estar traballando un médico e un ATS, o ambulatorio está pechado”.

Álvarez, acompañado das candidatos Rosanna Rielo e Carmen Álvarez, o secretario de organización do PSdeG-PSOE na provincia, Juan Jose Díaz Valiño e o Deputado, Javier Cerqueiro, mantiveron unha xuntanza de traballo cos membros da Agrupación Socialista da vila que encabeza, Jose Luís Castro Tellado e cos veciños, na que denunciaron a política de recortes do PP nos centros de atención primaria da provincia de Lugo.

“Estes días coñeciamos o peche doutro centro sanitario aquí nesta provincia, concretamente en Parga, onde se atendía a 1.500 pacientes e agora son consultados en Guitiriz como xa denunciamos. Esta é unha nova demostración do que está pasando coa sanidade pública en Galicia, e agora repítese en Castro de Rei. A sanidade do PP inclúe recortes, privatizacións e abandono ”, insistiu Álvarez.

O candidato as eleccións autonómicas explicou que “cun Presidente Socialista na Xunta de Galicia a sanidade pública será a bandeira de referencia do goberno progresista que saia das próximas eleccións autonómicas. Defendemos e abandeiramos unha sanidade pública, universal e gratuíta, fronte aos recortes de Feijóo. O PP xa demostrou nestes 11 anos que non ten proxecto e que ten esgotado o seu tempo político en Galicia. Hai que apostar pola Atención Primaria, e polo mantemento de servizos nos hospitais comarcais. Por iso o 12X é necesario frear a dereita, non queremos máis recortes”, resumiu.

Castro Tellado dixo que as veciñas e veciños de Castro de Rei “están sofrindo as consecuencias directas dos recortes que impulsa o Goberno de Feijóo e o PP. Por iso quero que a veciñanza saiba que estamos a carón de todos eles e que nos mobilizaremos ata onde faga falta para que este centro se volva abrir, con tódalas garantías sanitarias. Xa que estamos na nova normalidade, o lóxico seria que o centro volvera a abrir”, espetou.

O Grupo Socialista reclaman ademais “que as veciñas e veciños poidan realizar analíticas neste centro unha vez á semana, xa que non ten sentido que o ATS traballe aquí, e non realice estas probas”.

“Por iso o 12X temos a oportunidade de demostrarlle ao PP que non estamos dacordo co peche do centro de saúde de Castro de Rei. O PSdeG está comprometido coas políticas de benestar, a defensa dos servizos públicos e unha nova política económica que non deixe a ninguén atrás”, explicou.

Esta denuncia da Agrupación Socialista de Castro de Rei foi respaldada por un amplo numero de veciños da vila, que se senten desprotexidos por esta decisión de recortes de persoal do PP e do peche do centro de saúde.

0.20784401893616