O PSOE di que a Xunta veta unha liña de axudas para os afectados pola acción do xabaril

TerraChaXa
O voceiro de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, lamentou o veto do PP á proposición non de Lei que presentou na Comisión de Agricultura para pedirlle ao goberno galego unha liña de axudas específicas para facer fronte aos danos ocasionados polo xabaril nas explotacións e os cultivos.
21 Oct 2018

O voceiro de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, lamentou o veto do PP á proposición non de Lei que presentou na Comisión de Agricultura para pedirlle ao goberno galego unha liña de axudas específicas para facer fronte aos danos ocasionados polo xabaril nas explotacións e os cultivos. Lembra que de acordo con UUAA, estes danos ascenden a 15 millóns de euros só na campaña 2017-18.

Pérez Seco alerta do “enorme incremento dos custes nas explotacións agrícolas e gandeiras profesionais” como consecuencia do desleixo do goberno galego á hora de aplicar medidas “proporcionais e eficaces” que “permitan unha convivencia equilibrada e sostible desta especie animal con outras especies e coas actividades económicas, sociais e medioambientais do noso contorno”.

Explica que o abandono de terras e do medio rural, e a escasa incidencia en Galicia do lobo, o seu único depredador natural, provoca un “excesivo incremento da poboación do xabaril, un mamífero cunha grande capacidade de desprazamento e adaptación a todo tipo de hábitats”.

Alerta dos graves problemas económicos que ocasiona nos cultivos, afectando maioritariamente ao millo -55 por cento-, ás pradeiras -35 por cento- e tamén ás horas e outras producións como a vide ou a castaña -10 por cento-. A maiores, sinala, prodúcense danos en bens públicos de axardinamentos e zonas deportivas e incluso problemas de seguridade viaria, con 1.100 atropelos ao ano en Galicia, cuns 4 millóns en danos a vehículos.

Pérez Seco reclamou pedirlle ao goberno que realice un censo da poboación do xabaril e a súa distribución xeográfica e a posta en marcha dun plan de xestión dirixido a estabilizar a súa poboación. Ademais, propoñen reformar a Lei de Caza de Galicia para regular a colaboración entre cazadores e produtores agrarios para protexer os cultivos, obrigando á incorporación de plans de prevención de danos aos TECOR dentro do Plan de ordenación cinexética.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12861609458923