O Reguengo estará de festa este sábado
TerraChaXa
A localidade do Reguengo, en Cabreiros, Xermade celebrará este sábado 18 de marzo as festas na honra a San Xosé.
12 Mar 2023
A localidade do Reguengo, en Cabreiros, Xermade celebrará este sábado 18 de marzo as festas na honra a San Xosé.
Estas darán comezo ás 13.00 horas coa misa solemne seguida de sesión vermú a cargo do dúo Eclipse, que tamén se ocupará da verbena xunto ao trío La Noche, do Grove.
Ao mediodía haberá unha comida popular con xamón cocido, fabada, churrasco mixto con criollo, postre, café e chupito por 28 euros para os adultos e 14 para nenos de entre 7 e 11 anos.
Os que desexen participar poden facelo poñéndose en contacto coa comisión nos teléfonos 669 457 012 ou 686 230 979. Tamén se vende os tickets nos bares Ares e Casal.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.