O remate da obra da contorna da igrexa de Begonte está pendente dos detalles

TerraChaXa
O equipo de Goberno rematará a obra do aparcadoiro da contorna da igrexa e do colexio cando mellore o tempo, pero xa están en servizo as novas beirarrúas.
begonte pavillon colexio virxe praza
begonte pavillon colexio virxe praza
16 Abr 2024

O equipo de Goberno rematará a obra do aparcadoiro da contorna da igrexa e do colexio cando mellore o tempo, pero xa están en servizo as novas beirarrúas.

A través do obradoiro de emprego, o organismo local realizou unha mellora de toda a zona que implicou a construción de beirarrúas para mellorar a seguridade dos peóns na zona, tamén se ampliaron as prazas de aparcamento e se delimitou o peche do adro da igrexa. Nesta intervención o Concello tivo que pedir ao Bispado a cesión dunha parte do adro, que permitiu ampliar en 6 metros a vía, que era moi estreita e provocaba algo de caos na entrada e saída dos nenos do colexio.

Esta obra afectará tamén á futura escola infantil, xa que vénse de facer ao mesmo tempo o acondicionamento dos accesos.

Esta obra realizouse por medio do taller dual de emprego que comparte Begonte cos concellos de Rábade e Friol, que conta con 20 participantes.

Queda pendente por facer varios detalles así como a plantación de árbores e corticeiras pero como o tempo non acompañaba decidiron trasladar aos traballadores a Rábade durante un tempo. Despois volverán a Begonte para completar os traballos.

“O importante é que agora está acabada a obra principal e está habilitado o aparcamento e as beirarrúas para ofrecer a seguridade que necesitabamos”, dixo Ulla.

0.17884421348572