O ribadense Pablo Fernández, do Club Atletismo Lourenzá, conseguiu a prata no campionato galego de trail

TerraChaXa | AMariñaXa
21 May 2019

O veciño de Ribadeo Pablo Fernández García, do Club Atletismo Lourenzá, conseguiu unha medalla de prata na categoría M-50 do campionato galego de trail celebrado no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal onte, domingo.
Pablo Fernández finalizou a proba cun tempo de 2 horas, 36 minutos e 15 segundos, o que lle permitiu conseguir o seu cuarto metal nun campionato galego esta tempada, logo dos que logrou en Ourense, As Pontes e Xinzo de Limia. Explicou que na competición de onte "foron 23,3 quilómetros moi técnicos e variados, superando 1.300 metros de desnivel positivo".

0.10172891616821