O sábado farase outra camiñada en protesta pola situación de Endesa

TerraChaXa
O colectivo de transportistas do carbón de Endesa secundará o vindeiro sábado, día 18, a última etapa do Camiño Francés a Santiago de Compostela para demandar unha transición xusta e que non deixe atrás a ningún dos colectivos afectados.
82061958_1450140318469916_3494896424414347264_o
16 Jan 2020

O colectivo de transportistas do carbón de Endesa secundará o vindeiro sábado, día 18, a última etapa do Camiño Francés a Santiago de Compostela para demandar unha transición xusta e que non deixe atrás a ningún dos colectivos afectados.

Ás oito da mañá fletaranse gratuítamente autobuses desde As Pontes ata Arca do Piñeiro. Nese punto será onde se iniciará a camiñada, ás 10.00 horas . Os integrantes da marcha pasarán por diante do edificio da Xunta, en San Caetano, donde farán unha protesta, tendo previsto chegar á praza do Obradoiro ao redor das 14.30 horas.

Tanto os camioneiros, que desde o mes de setembro secundan un peche no Concello das Pontes -inicialmente tamén o fixeron en Ferrol e Vilalba- como as súas familias fan un chamamento á participación nesta mobilización.

Ademais, un centenar de traballadores de compañías auxiliares da central térmica volvéronse a concentrar á primeira hora da tarde do mércores para demandar a convocatoria "urxente" dunha mesa de traballo sobre o futuro da central. A principal petición é a activación dunha mesa de traballo na que estean presentes o Ministerio de Transición Ecolóxica, Xunta, grupos municipais do Concello das Pontes e sindicatos, ademais de transportistas.

Na actualidade continúan prestando os seus servizos neste complexo uns 180 operarios, aos que hai que sumar outros 45 que desenvolven o seu labor nas instalacións do porto exterior de Ferrol, onde chega o carbón en barco, para o seu posterior traslado por estrada ata As Pontes.

Pola súa banda, o conselleiro delegado de Endesa, José Bogas, dixo desexan atopar algún combustible alternativo, como a biomasa, para que polo menos algún grupo da central de carbón das Pontes poida seguir activo no futuro.

Bogas, tras participar nunha mesa redonda no foro Spain Investors Day, sinalou que se están facendo probas con biomasa nesa planta térmica para avaliar a súa continuidade, aínda que sexa de forma parcial. No caso de que non houbese éxito, o peche desta central como a de Litoral, en Almería, produciríase en xuño de 2021, unha clausura que sucedería ás de Compostilla, en León, e á de Andorra (Teruel), as dúas centrais de Endesa que utilizaban carbón nacional e cuxo peche está previsto para xuño do presente ano.

82775263_2542996819277040_4497100676131717120_o

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19373989105225