O Santo, en Árbol, celebra as súas festas durante a fin de semana

O Santo, na parroquia de Árbol, no concello de Vilalba, vivirá unha fin de semana de festa con motivo das celebracións na honra a Santo Estevo, esta fin de semana,
O programa festivo dará comezo o sábado, cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e pasarrúas, e a tradicional sesión vermú con Trebol, que repetirá na verbena xunto a Tania Veiras & Los Cumbia Pop. A animación correrá tamén a cargo da Asociación Cultural e Deportiva de Árbol - San Lorenzo (Cerna de Árbol).
O domingo repetirase o esquema: misa solemne, procesión e pasarrúas con Cerna de Árbol, ademais dunha nova xornada musical co grupo Lume, que porá o broche final cunha verbena pensada para todos os públicos.
As actividades celebraranse nun campo cuberto con carpa, garantindo así o bo desenvolvemento da festa en caso de choiva.