O SD Guitiriz celebra este xoves a súa asemblea xeral

TerraChaXa
Na sesión farase un balance deportivo e tamén económico da tempada 2023/2024
suso-cruz-novos-asentos-guitiriz-futbol
suso-cruz-novos-asentos-guitiriz-futbol
19 Xuño 2024

Este xoves, 20 de xuño ás 20:30 en primeira convocatoria e as 21:00 en segunda celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria da SD Guitiriz. Terá lugar na Casa Habanera. Están convocados á mesma todos os socios do club que reúnan os requisitos establecidos nos estatutos do club.

Na sesión, que abrirá coa lectura e aprobación acta anterior, farase un balance deportivo e tamén económico da tempada 2023/2024. Así mesmo, daranse a coñecer as previsións deportivas e económicas para o novo curso e farase unha actualización dos cargos da xunta directa para rematar cunha quenda de rogos e preguntas.

0.18096590042114