O SD Guitiriz celebrará a súa comida de fin de tempada o sábado no Balneario

TerraChaXa
A xornada terá lugar na véspera do partido de volta do Guitiriz contra o Xuventude Dorneda dentro da loita polo ascenso a Primeira Futgal
suso-cruz-novos-asentos-guitiriz-futbol
3 Jun 2026

O SD Guitiriz organizará o vindeiro sábado 6 de xuño a súa tradicional comida de fin de tempada, un encontro de convivencia que reunirá xogadores, directivos, socios, afeccionados e colaboradores do club para poñer o broche final á campaña deportiva.

O evento terá lugar ás 14.00 horas no Balneario de Guitiriz e conta coa colaboración do Iberik Gran Balneario de Guitiriz. A cita pretende converterse nun espazo de encontro para toda a familia do club, nun ambiente festivo e de celebración tras a conclusión da tempada.

O prezo dos menús será de 40 euros para os adultos e de 25 euros para os nenos e nenas de ata 12 anos. As persoas interesadas poderán adquirir as súas entradas na Pastelería Nimbos, a través do teléfono do club (604 85 23 70) ou contactando con calquera membro da directiva.

Desde a entidade deportiva animan a afeccionados e veciñanza a participar nesta xornada especial, que servirá para compartir experiencias, fortalecer os lazos entre os integrantes do club e celebrar o traballo realizado ao longo da tempada.

Ademais, a xornada terá lugar na véspera do partido de volta do Guitiriz contra o Xuventude Dorneda dentro da loita polo ascenso a Primeira Futgal. Este terá lugar ás 17.30 horas e xogarase todo á mesma carta, xa que o partido de ida rematou en táboas (0-0).

0.13114905357361