O SD Outeiro de Rei organiza un campamento deportivo de Nadal

TerraChaXa | LugoXa

O SD Outeiro de Rei celebrará este Nadal un campamento deportivo para axudar na conciliación da vida laboral e familiar no termo municipal.

campamento deportivo outeiro de rei portada
campamento deportivo outeiro de rei portada
11 dic 2023

O SD Outeiro de Rei celebrará este Nadal un campamento deportivo para axudar na conciliación da vida laboral e familiar no termo municipal.

Esta dará comezo o día 22, venres e se desenvolverá todos os días, agás as fins de semana e os festivos. Ten como data de remate o día 4 de xaneiro e o horario será de 9.00 a 14.00 horas.

No campamento haberá xogos populares, fútbol sala, actividades na natureza, deportes alternativos, saídes e moitas outras actividades, ao cargo de monitores titulados. Haberá servizo de merenda, transporte e seguro.

Para os membros do club ou empadroados no Concello o prezo será de 120 euros e para os non empadroados de 150. A data límite de inscrición é o 18 de decembro e esta pode facerse nos watsapp dos números 696 587 957 e 639 286 181.

campamento deportivo outeiro de rei