O SD Pol logrou o sábado o ascenso a Preferente

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O SD Pol logrou este sábado o ascenso a Preferente, dúas xornadas antes da final despois dunha gran tempada na que foi por diante na táboa practicamente desde o principio.
ascenso pol
5 Maio 2024

O SD Pol logrou este sábado o ascenso a Preferente, dúas xornadas antes da final despois dunha gran tempada na que foi por diante na táboa practicamente desde o principio.

O equipo polense obtivo 26 vitorias das 32 xornadas disputadas da Primeira Galicia ata o momento, ademais de 3 empates e e derrotas e logrou a vantaxe suficiente para facerse co título.

Os seus perseguidores máis inmediatos, Escairón e Burela, están empatados a puntos e pelexan cos outro dous de Chantada, SD e Atlético, por facerse cos dous postos de play off.

Mentres, na parte baixa, os tres descensos oficiais estarán entre Milagrosa, Riotorto, Guitiriz e Portomarín, aínda que non teñen tampouco asegurada a permenencia Guntín, Meira, e Xove Lago.

Para o Pol foi este un premio moi buscado despois dos reforzos realizados no equipo para esta tempada na procura do pase para a Preferente, liga na que están outros equipos da provincia, o Ribadeo, Lemos, Castro e Residencia e na que polo momento só o primeiro ten asegurada a permanencia e o último ocupa os postos de descenso, tamén a falta de dúas xornadas.

0.093780040740967