O SEPE sofre un ciberataque que o deixa sin servizo

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O ataque obrigou a paralizar tanto os servizos que o organismo presta a través de internet como nas oficinas
9 Mar 2021

O sistema informático do Servizo Público de Emprego Estatal, SEPE, sufriu esta mañá un ataque informático que obrigou a paralizar tanto os servizos que o organismo presta a través de internet como nas oficinas.

Un equipo de técnicos e expertos está a traballar para que o sistema informático poida recuperar a actividade normal, segundo fontes do Ministerio de Traballo e Economía Social. Habilitouse ademais a liña de atención 060 para recibir información sobre este incidente.

O propio SEPE difundiu a través das súas redes sociais unha mensaxe na que informa de que a súa páxina web e a sede electrónica non se atopan dispoñilbes "por causas alleas" ao organismo e que avisarán en canto volvan a estar operativas.

O sindicato CSIF explicou nun comunicado que se trata dun virus Ransonware que afectou tanto aos ordenadores dos postos de traballo como aos portátiles da plantilla que se atopan teletraballando.

A través da páxina do Servizo Público de Emprego Estatal os usuarios poden solicitar o paro, subsidios ou prestacións, así como consultar o estado dunha prestación por desemprego ou Erte.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18004298210144