O show da Dalia
Múltiples libros se escribiron, varias películas e documentais rodáronse e mesmo realizaron teses doutorais sobre o asasinato dunha nova chamada Elisabeth Short cuxo corpo mutilado, foi atopado o 15 de xaneiro de 1947, xacendo abandonado nun aparcadoiro baleiro.
A vítima tiña soamente vinte e dous anos, e a policía tardou aínda dous días en poder darlle nome, identificándoa a través dos seus impresións dixitais, xa que non levaba ningún documento encima, aparte dos graves danos que presentaba o cadáver.
A disposición do corpo foi coidadosamente organizada polo asasino, que lavara o corpo, sendo o mesmo abandonado coma un maniquí roto en dous nunha escena do crime diferente ao lugar onde se cometeu o asasinato e onde probablemente estivo a nova retida ata que acabaron con a súa vida, unha das poucas cousas que a policía puido saber con certeza, pois mostraba marcas de ataduras en bonecas e nocellos.
O lugar onde se atopou achegou moi poucas pistas, xa que como xa sinalamos, o asasino bañou o corpo, lavoulle o cabelo, fíxolle a manicura e lle exanguinou, o que indica que coñecía como actuaba a policía da época, sabía dos procedementos científicos.
Neste crime a prensa actuou sen desconsideración sobre a vítima, sobre a súa familia e prexudicando en moitas ocasións a actuación policial, que se viu inmersa na investigación dun delito que estivo nas portadas dos grandes periódicos locais durante máis de dous meses tras o asasinato.
A actuación dalgúns xornalistas, sobre todo de determinados sectores da prensa sensacionalista, actuaron de maneira moi pouco ética, lanzando teorías e imaxes da vida da muller, que pouco ou nada tiña que ver coa realidade, e mesmo chegaron a sexualizar o carácter da vítima polo simple feito de que o seu cadáver estaba espido cando foi atopado.
O peor feito e o máis vergoñoso levado a cabo por algún destes xornalistas (hai que sinalar que non todos actuaban igual), foi, unha vez coñecida a identidade do corpo, chamar á nai de Elisabeth Short para dicila que a súa filla gañara un concurso de beleza, sacárona información persoal, e unha vez que conseguiron todo o que querían, dixéronlle que a moza estaba morta, e mesmo a pagaron un billete de avión e aloxárona nun hotel dicíndolle que era para axudar á policía, manténdoa así encerrada para que o xornal puidese ter a historia en exclusiva.
Este crime, que a día de hoxe segue sen estar resolto, supuxo unha historia que fixo escribir liñas e liñas en xornais, noticias en medios visuais e que o máis que se conseguiu é desinformar á audiencia e entorpecer o traballo dos detectives que estaban a investigar o feito e se queixaban de ter aos xornalistas na comisaría. Mesmo denunciaron que estes respondían ás chamadas e logo non lles daban información a eles polo simple feito de ver quen podía conseguir noticias exclusivas e así aumentar as vendas.
É un caso que se equiparou aos asasinatos cometidos en 1888 no barrio de Whitechapel polo criminal coñecido como Jack o Destripador, e a pesar de que aquí había unha única vítima, os danos no seu corpo lembraban aos crimes desas rúas londinenses.
Do mesmo xeito que no caso do destripador e debido á notoriedade que o caso tomara dende o inicio, houbo moitas persoas que confesaron falsamente asasinar á moza, e mesmo enviáronse cartas aos medios, entre elas un paquete que contiña fotografías, obxectos persoais, certificado de nacemento, cartón da seguridade social e ata o obituario de Elisabeth Short, pero non puideron conseguir información do remitente, xa que todo estaba impregnado en gasolina, para eliminar as impresións dixitais que puidesen descubrir.
Máis de 250 axentes traballaron día tras día, sendo un dos maiores despregamentos da cidade de Los Ángeles, pero o tempo ía pasando e a pesar de ter varios sospeitosos, nunca houbo probas suficientes para unha imputación formal.
O caso foise diluíndo e o número de policías asignados foi sendo cada vez menos numeroso, ata que finalmente quedou arquivado sen ser resolto, aínda que de cando en vez aparecen novas pistas, tentan retomalo utilizando as técnicas de investigación actuais.
Podemos atopar moitas teorías e sospeitosos na rede, entre eles atópase mesmo o director e actor Orson Wells, aínda que máis ben foron rumores, ademais de sinalar tamén a unha posible implicación da mafia.
Pasaron xa 70 anos dende o asasinato da Dalia, e é un dos casos criminais cuxo nivel de interese non diminuíu co paso do tempo e do que se seguen desenvolvendo teorías e buscando novos sospeitosos, a pesar de que é moi probable que o seu asasino xa falecese, pero os investigadores buscan dar xustiza a esa moza que foi brutalmente desfigurada e torturada, roubándoa unha vida que debería ser moito máis longa.
Pablo Filgueiras
Aránzazu Rodilla.