O Sindicato Labrego Galego organiza en Meira unha xornada gratuíta sobre dixitalización agraria

TerraChaXa
A actividade terá lugar na Casa da Cultura e desenvolverase o día 17 en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, e de tarde, de 15.30 a 18.30 horas
gando-carne-rubia-galega
31 Oct 2026

O Sindicato Labrego Galego organizará o vindeiro martes, 17 de novembro, unha xornada formativa gratuíta en Meira centrada na dixitalización agraria e nas novas obrigas que deberán cumprir as explotacións agrícolas a partir do 1 de xaneiro de 2027.

A actividade terá lugar na Casa da Cultura de Meira e desenvolverase en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, e de tarde, de 15.30 a 18.30 horas. A formación será impartida por Andrés Castro e estará dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas interesadas en coñecer as novidades relacionadas coa xestión dixital das explotacións agrarias.

Durante a xornada abordaranse cuestións como os cadernos de fitosanitarios, a fertilización e os plans de abonado, facendo fincapé nos requisitos e nas obrigas que entrarán en vigor a partir de xaneiro de 2027.

Esta iniciativa está financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e conta coa organización do Sindicato Labrego Galego, COAG e Formación Agroalimentaria.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través dos correos electrónicos meira@sindicatolabrego.gal e lugo@sindicatolabrego.gal, ou ben chamando aos teléfonos 664 586 689 e 604 027 886.

0.15619492530823