O Sindicato Labrego pídelle ao INE a suspensión do Censo Agrario 2020

TerraChaXa | AMariñaXa
O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito dirixido ao Instituto Nacional de Estatística (INE) pedíndolle que se adíe a realización do Censo Agrario 2020 até que remate o estado de alarma por resultar imposible facelo nos quince días habilitados para tal fin, xa que a súa complexidade obrigará a moitas persoas a ter que recorrer a asesores aos que, en moitos municipios confinados, non poderán acudir.
6 Nov 2020

Para o SLG, non existen motivos que xustifiquen a urxencia da recompilación destes datos. Ademais, e en vista de que moita da información solicitada xa obra nos arquivos da administración, debería abreviarse o formulario eliminando todas aquelas cuestións que requiran respostas que pode acadar o INE polos seus propios medios.

Nas últimas semanas, o INE estivo remitindo cartas a labregos e labregas cominándoos a cumprimentar o Censo Agrícola 2020, algo que é obrigatorio e se ordena cun prazo improrrogable de quince días. Trátase dun formulario dificultoso de cumprimentar, debido á súa extensión (12 páxinas) e á grande cantidade e especificidade dos datos solicitados. Sendo como é o eido agrario un sector profesional cunha idade media moi avanzada, a dificultade da cumprimentación do censo vai obrigar a que moitas persoas acudan a asesorías e organizacións agrarias na busca de apoio para realizar a tarefa.

Na Galiza, isto empeora pola dispersión poboacional e as distancias entre os domicilios das persoas afectadas e as asesorías ás que deben acudir, ocasionándolles uns gastos e dificultades engadidos que se agravan pola pandemia do Covid-19. Cómpre pensar que a maioría das persoas activas en agricultura, por idade, inclúense nos grupos máis vulnerables en caso de contraer a enfermidade; e que os servizos de asesoramento aos que recorren poden estar na capital da comarca, á que non poderían acudir en caso de peches perimetrais

0.18872809410095