O SLG celebra en Vilalba un novo curso de aptitude empresarial agraria

TerraChaXa
O Sindicato Labrego Galego organiza en Vilalba un ano máis un novo cruso de aptitude empresarial agraria con módulos específicos en gandaría.
IMG 20190926 WA0005
6 Out 2019

O Sindicato Labrego Galego organiza en Vilalba un ano máis un novo cruso de aptitude empresarial agraria con módulos específicos en gandaría. Estes cursos están homologados pola Xunta e están destinados a mozos e mozas que se queren incorporar a explotacións.

Neste ano o curso desenvolverase nos meses de outubro e novembro de luns a venres entre as 15.50 e as 20.30 horas no Local do SLG Vilalba. O prazo para inscribirse remata o 18 de outubro e para anotarse é necesario inscribirse a través dos teléfonos 982 512 431.

Nestes cursos o alumnado adquire a formación básica para levar unha explotación. As clases afondan nas claves da xestión técnico-económica, o asociacionismo e comercialización, prevención de riscos, sensibilización medioambiental, agrotecnoloxía, forraxes e alimentación, produción de leite e manexo do gando.

Os distintos módulos son impartidos por especialistas nas distintas materias (persoal da Xunta de Galiza, etc.) a formación teórica compleméntase con visitas e prácticas.

0.14885401725769