O SLG celebra nas Pontes unha xornada sobre o xénero na prevención de riscos laborais

TerraChaXa
A sesión desenvolverase no número 8 da rúa 8 de Marzo e nela falarase das aplicacións prácticas dentro do sector agropecuario
curso-slg-as-pontes
14 sep 2024

O Sindicato Labrego Galego impartirá nas Pontes unha xornada sobre a perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais que terá lugar o 17 de setembro de 16.00 a 19.00 horas.

A sesión desenvolverase no número 8 da rúa 8 de Marzo e nela falarase das aplicacións prácticas dentro do sector agropecuario. “Para desenvolver o noso maior potencial como mulleres produtoras de alimento precisamos aplicar a perspectiva de xénero no sector agropecuario”, explica a relatora, Begoña Fernández Pardo.

As persoas que desexen anotarse poden facelo no teléfono 687 645 907 ou no correo tecnicabetanzos@sindicatolabrego.gal.

0.081593036651611