O SLG manifestouse hoxe en Vilalba en apoio ao pobo palestino

TerraChaXa
Quixo poñerse de relavo o control dos alimentos e destrución estratéxica de cultivos e recursos mariños
concentracion-palestina-vilalba
27 sep 2024

Un grupo de veciños de Vilalba concentrouse hoxe, 27 de setembro, en apoio ao pobo palestino na que foi unha xornada de loita a nivel estatal.

A sesión de hoxe quixo poñer de relevo o control dos alimentos e destrución estratéxica de cultivos e recursos mariños: "Israel utiliza a fame como arma. A loita do pobo palestino pola soberanía alimentaria está interconectada coa loita pola súa soberanía nacional."

A xornada estivo organizada polo Sindicato Labrego Galego xunto a outras organizacións xa que ademais da concentración foi xornada de folga.

"A día de hoxe Israel está perpetrando un xenocidio contra Palestina, no que a fame é empregada claramente como arma de guerra. Ademais dos bombardeos masivos contra hospitais, escolas, vivendas, lugares de culto e toda infraestrutura básica, no que a maioría de vítimas están a ser mulleres e crianzas (41.272persoas asasinadas, segundo datos do 20 de setembro), ca connivencia dos gobernos internacionais Israel impón un bloqueo completo a Gaza, impedindo aos 2,3 millóns de palestinos/as acceder a alimentos. Ademais as persoas agricultoras e mariñeiras non poden traballar as terras agrícolas ni ao mar, gran parte do cal foi bombardeado como parte da estratexia de Israel de matar de inanición ás persoas que sobrevivan aos bombardeos", explican.

0.18560791015625