O SLG ofrece unha formación sobre a dobre xornada e as perspectivas de xénero
TerraChaXa
Será o venres pola mañá na sede do sindicato en Vilalba
Cartel
18 Jul 2024
Este venres 19 de xullo o Sindicato Labrego Galega organiza un obradoiro de PRL e perspectiva de xénero: riscos psicosociais da dobre xornada, en Vilalba, no local do SLG, situado na rúa do Cuartel 1 - entrechán A.
A sesión será de 11.00 a 14.00 horas e estará impartida a formación por Margarida Prieto Ledo, que falará da Lei de Dependencia.
As persoas que desexen información ou inscribirse poden facelo no teléfono 982 512 431 e/ou no 659 985 308.
Esta actividade estará financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.