O SLG pide a convocatoria da Mesa do Leite

TerraChaXa
"O silencio e carencia total de iniciativas por parte da Consellaría de Medio Rural no sector lácteo fai que as industrias estean aproveitando o baleiro para extorsionar de novo ás granxas, obrigándoas a asinar contratos que conxelan os prezos nunha situación de alza xeneralizada", así o explica o Sindicato Labre Galego nun comunicado no que indica tamén que os diversos indicadores subliñan que Galiza segue a ser a comunidade do Estado co prezo medio máis baixo (32,6 céntimos en novembro de 20191), a única que non supera os 33 céntimos, e moi lonxe da media española (34 céntimos) ou europea (35'31 céntimos2).
20 Xan 2020

"O silencio e carencia total de iniciativas por parte da Consellaría de Medio Rural no sector lácteo fai que as industrias estean aproveitando o baleiro para extorsionar de novo ás granxas, obrigándoas a asinar contratos que conxelan os prezos nunha situación de alza xeneralizada", así o explica o Sindicato Labre Galego nun comunicado no que indica tamén que os diversos indicadores subliñan que Galiza segue a ser a comunidade do Estado co prezo medio máis baixo (32,6 céntimos en novembro de 20191), a única que non supera os 33 céntimos, e moi lonxe da media española (34 céntimos) ou europea (35'31 céntimos2). A tendencia á alza na Unión Europea fixo que, dende xuño a decembro, o prezo medio comunitario se incrementase un 6'4%. Esta tendencia tamén se deu no Estado e na Galiza pero, "ao partir na nosa terra duns valores miserables, o aumento no prezo nos últimos meses segue a situarnos no último posto do Estado e na cola da Unión Europea en cuestión de prezos".

Considera o SLG que esta anomalía faise "máis insultante se comparamos o prezo medio na Galiza co das comunidades veciñas: 34'2 céntimos en Castela e León e 35'7 céntimos en Asturias, dándose o caso dunha mesma empresa que recolle leite en granxas veciñas de distintas comunidades mantendo esta fenda discriminatoria no valor do produto recollido".

Dende o Sindicato Labrego Galego reclaman, na última sesión do Consello Agrario Galego, a necesidade de convocar de maneira urxente a Mesa do Leite para que Medio Rural arbitre un diálogo e unhas negociacións necesarias entre os diversos axentes do sector para rematar con estas anomalías de mercado que discriminan flagrantemente as nosas granxas. "Porén, aínda que o conselleiro de Medio Rural, José González, se comprometeu a dar resposta a esta petición, aínda non o fixo. E as industrias xa están presentando a asinar os contratos para a nova campaña 2020-2021, extorsionando a miles de granxas que carecen de poder de negociación das condicións ofrecidas", din.

Aínda que dende a Consellaría de Medio Rural e dende o Ministerio de Agricultura esgrimen que non é posible negociar prezos por ir contra as regras do mercado; en países veciños como Francia chegouse recentemente a un acordo grazas á mediación do Goberno, que conseguiu que Lactalis, a principal industria que opera en Galiza, lle pague ás granxas galas 35'5 céntimos por litro, o que supón unha suba do 7'5% con respecto aos 33 céntimos que pagaba antes das negociacións. "Por certo, Lactalis está ofrecendo nos seus novos contratos na Galiza un prezo base de 29'5 céntimos. O agravio para coas nosas granxas é vergoñento, como vergoñento está a ser o silencio cómplice da Consellaría de Medio Rural", conclúe.

0.19330191612244